2009/04/30

Excmo Sr Alcalde de Moaña

Quintela 30 de Abril de 2009

Somos un grupo de nenos e nenas de 5º curso de Quintela.

Dirixímonos a vostede paradarlle as grazas por algunhas cousas ben feitas no noso Concello, que nos afectan directamente aos nenos e ás nenas, e tamén para darlle a coñecer algunhas queixas que esperamos se podan solucionar.

O noso compañeiro Noel está agradecido porque as beirarrúas na zona onde vive (Daniel Castelao) foron arranxadas este ano. Xabier tamén lle da as grazas por cambiar unha portería que estaba en mal estado no parque da Ameixoada.

A maioría dos nenos e nenas deste colexio imos ao parque de Moaña e algunhas randeeiras precisan ser cambiadas, ó igual que algunha rede nas pistas de fútbol, xa que moitos balóns caen ó mar ou á estrada.

Xabier tamén quere pedirlle colectores para reciclar vidrio e plástico na zona do Camiño de Agrelo, os que hai na Ameixoada quédanlle moi lonxe.


Agardando qeu sexan atendidas as nosas peticións, dámoslle as grazas anticipadas.

Atentamente.
Nenos e nenas de 5º curso de Quintela


Queres coñecer a resposta do alcalde?. Clica aquí

2009/04/22

Rimas


Polas rúas de Moaña
vai o rei de España.



Polas rúas de Vigo
Vai o un vello con abrigo.



Polas rúas de Cangas
Vai unha camisa sen mangas.



Polas rúas de Ferrol
Eu collín un ollomol.



Polas rúas de Baiona
Vai un pintando a mona.



Polas rúas de Silleda
Vai unha vella moi leda.



Polas rúas de Listanco
Hai un can nun banco.



Polas rúas de Tirán
Vai un home cun can.



Polas rúas de Manzaneda
Vai o cole de Quintela.

2009/04/13

Querido Ratiño Pérez


Querido Ratiño Pérez:


Estivemos contando e xa levaches oito dentes das bolboretas.
Grazas por traernos tantos agasallos. Queríamos saber onde levas tantos dentes.
Debes ter moitas perlas, podes vendelas e así faste moi rico.
Tamén debes ter moitos cartos, para deixarnos tantas moedas.
Cando medremos, naceránnos dentes de ouro?
E os dentes dos mayores, de que están feitos, se non son de leite coma os nosos?
Queremos deixarche un agasallo para ti porque eres moi bo con nós.
Gústanche as galletas maría ou prefires queixo?
Ata logo ratiño, querémoste moito.

As bolboretas.
Nenos e nenas de 6º de Infantil

2009/04/04

Anuncios por palabras

ANUNCIO APARECIDO NO XORNAL:
Precísanse comerciais .Dominio do inglés.
Non necesaria experiencia. Condicións a convir.
Tel. 999445566
Quedara co meu próximo empregado no paseo do parque, el chegaba tarde, xa me dixera que podia pasar, de repente, escoitei un sonido metálico…

-Bonjour, hello, conichi wa, boas.
-Ah! Pero se vostede é un robot- dixen eu, sobresaltado.
-C3PO para ser exactos- repondeu
-C3PO!? O de STAR WARS?- preguntei
-Si, o mesmo, en metal e cables- respondeu
-Pero vostede sabe inglés?

-Inglés, francés, chino, alemán, portugués, vasco, castelán, galego, italiano, ruso…
-Si si si, con que fale galego e inglés xa basta, pero…- quedei un momento a pensar, e dixen-Tamén podemos comerciar cos Italianos, que pagan moito, e cos Rusos, que a súa moeda vale mais ca nosa… ¡Contratado!

E a partir de alí, eu pasei de ser un xefe do montón a un xefe multimillonario, e C3PO pasou de ser un actor do tres ao cuarto a un robot comerciante multimillonario. Por certo, a miña empresa pasou de ser Comercios Lois a
Lois & C3PO.


Lois -6º curso
CEIP Quintela de Moaña (Galicia)
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas