2010/03/06

Querida nai


Querida nai:
Escríboche para dicirche o moitísimo que te quero.
Aínda que algunhas veces berramos e discutimos, reconciliámonos sempre.
Cando eu estou triste ou preocupada por algo que sucedeu sempre podo contar contigo. O máis importante é que me dás cariño e amor.
Recoñezo que ás veces contesto mal ou me porto de maneira incorrecta. A pesares de todo iso, quérote moito. Moitas veces axúdasme e dásme consellos.
Apréciote moito porque fas moitas cousas por min. Por exemplo: cando estou aburrida e triste, aínda que non che apeteza, lévasme ao cine cunha amiga, mércasme un xeado, ..., e só para que eu sexa feliz.
Eres a nai mais marabillosa, boa, cariñosa, amable, paciente...En resumo: es a persoa que máis me comprende e a máis especial do universo!
Ademais dunha nai tamén es moi boa amiga. Sen ti non podería vivir. Outra razón pola que te quero é que tes o corazón tan grande que non che cabe no peito.
Sabes: se algún día chego a ser nai quero ser coma ti. Mamá, nunca deixarei de quererte.
Bicos dunha filla que te quere moito.

Carmen 6º curso.

Carta premiada no I concurso de cartas de amor de Quintela

Querido Lucho


Querido amigo Lucho:

Aínda que es un pouco triste e fasme moitas falcatruadas, ti es o mellor can que nunca tiven, porque contigo podo xogar, fasme compañía, nunca me mordes,...Por iso hoxe dedícoche esta carta.

Quero que cada día estes ao meu carón, e que cada día te portes mellor.
Aínda me lembro cando mamá espertoume dicíndome que ías chegar. Eras moi pequerrechiño, parecías unha abelliña. Non facías mais que chorar e cando che merquei a correa non querías andar ti só, e tíñate que levar nos brazos.
Agora xa case tes tres anos e es moi mexón e porcallán, pero encántame estar contigo.
Unha aperta moi grande.

Noel ( 6º curso)
Carta premiada no I concurso de cartas de amor de Quintela

Querida Pelusas


Querida gatiña Pelusas:

Bótote moito en falta agora que estás no veterinario. Boto de menos os teus agarimos e os teus arrumacos nos meus pés.
Pero aínda así, consólome dicíndome a min mesma que pronto te vas recuperar.
Mamá e a miña irmá están traballando nunha...manta, de esa tela quentiña que che gusta tanto, en cambio papá mais eu comprámosche oito paquetes de galletiñas de cores. Mamá di que non lle mordas ao veterinario, peor eu déixoche que lle fagas o que queiras.
Chao, eu voume, pero quero que che quede na cabeza moiiiitisiiimo!

Lucía ( 4º curso)

P.D. Mais de 1.000.000.000 de bicos!
Carta premiada no I concurso de cartas de amor de Quintela
CEIP Quintela de Moaña (Galicia)
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas