2008/05/10

O alcalde de Moaña falanos de libros

O 23 de Abril, Día do Libro, recibimos a visita do noso alcalde, Xosé Ramón Millán Otero.

E autor de varios estudios, e tamén ten publicados libros de poemas.

Por iso, os alumnos e alumnas de 6º curso ensinaronlle a nosa biblioteca escolar, e alí mesmo, nun ambiente agradable e relaxado, fixeronlle unha entrevista:

¿Que libros che gustaban cando eras neno?
Moby Dick , o Mago Merlín, cómics de Mortadelo e Filemón, novelas de vaqueiros e todo o que atopaba.
Na miña casa apenas había libros, pero lembro que miña nai mercoume a Enciclopedia Alvarez.

¿Recordas a túa escola?
Si, era a escola de dona Sergia.

¿Cal foi a primeira biblioteca que visitaches?
A biblioteca de Beluso, que é onde nacin.

¿Tes moitos libros na túa casa?
Si, uns tres mil libros.

¿Cando empezaches a escribir?
Cando tiña 10 anos.

¿Cáles son os teus escritores favoritos?
Rosalía de Castro é a escritora que máis me gusta.Tamén me gustan Alvaro Cunqueiro e Miguel Torga que é un escritor portugués.

¿E o teu poema favorito?
Negra sombra

¿Que che gusta máis, ser escritor ou ser alcalde?
Gustame máis ser profesor, profesor de galego, que é a miña profesión.

¿Gustaríache que fixeran cadros inspirados nos teus poemas?
Si, por suposto, encantaríame, xa me fixeron algún.

¿Que libro che gusta máis dos que escribiche?
“O tempo de sal”

¿En que te inspiras para escribir?
Nos obxectos da vida cotiá, na natureza, nas cousas que vexo pola rúa,..

¿Cando te elexiron alcalde, deixaches a poesía?
Deille un descanso,...

Preme dúas veces en enter para escoitar "Negra sombra" na versión de Carlos Núñez e Luz Casal:



2008/05/09

Obradoiro de poesía

Este poema feito polos nenos e nenas de 4º curso, está adicado as súas nais:

A terra é moi grande


moi grande é o mar


o mar é moi bonito


bonito o que me das

Obradoiro de poesía


Emma escribe caligramas a Mara e a Elsa.

Obradoiro de poesía

Caligramas de Helena de 5º curso

Obradoiro de poesía


Máis poemas feitos polos nenos e nenas de 4º curso:
No parque hai unha fonte
na fonte hai un paxaro
no paxaro hai moitas plumas
moitas plumas de cor dourada.

Pareados cos meses do ano

Os nenos e nenas de 2º curso fixeron pareados cos meses do ano, e os seus
nomes:


XANEIRO,XANEIRIÑO,XANEIRO,
TOCA BRAIS O PANDEIRO.

FEBREIRO , O DOS VINTEOITO,
IRIA COME UN BISCOITO.

MARZO, MARCIÑO, MARZAL,
LUCÍA ESCOITA CANTAR Ó PARDAL.

ABRIL O DAS AUGAS MIL,
TÁPASE YAIZA CO MANDÍL.

MAIO, DE FROITOS CARGADO,
ESTÁ CLAUDIO NAMORADO.

XUÑO, O MES DO VERÁN,
ANDREA BAIXA POLO TOBOGÁN.


XULLO, O MES DO PAXARIÑO,
E SERGIO CANTA BAIXIÑO.

EN AGOSTO, NAS NOITES DE LUAR,
ESCOITA LIMDBERG OS GRILOS CANTAR.

SETEMBRO DE UVAS CARGADIÑO,
CARLOS CÓMEAS A MODIÑO.

EN OUTUBRO O RATO PONSE A ROER,
E SARA LEVA O GRAN A MOER.

NOVEMBRO FUMEGA A CASIÑA,
E ANTÍA FAI PAN NA COCIÑA.

EN DECEMBRO DE NEVE CUBERTO,
OS NENOS E NENAS DE 2º VAN A UN CONCERTO.
CEIP Quintela de Moaña (Galicia)
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas