2011/03/02

A amora e o amorodo

Unha amora,

amorosa e morriñada,

e un amorodo morno.

alá pola Candelaria

tiveron un amorío.

(…)

O amorote amordicaba

á amora,namentres

ésta se namoraba,

e tanto amor amorataba

as súa pequenas bagas.

carnosas e azucradas.

(…)

“Deixa xa de amoratarme -

dicía morna a amora.

amorosa e amorriñada

- que xa estou amortecendo,

que xa estou amortuxada”,

Máis, o amorodo.

tan morno e tan “namorado”.

como amoral e amorfo.

dáballe outra amordicada

e a amora non miraba...

xa que naquela moreira.

(na moral na que moraba)

tódalas mora xacían moi

amormada e mornas,

sen agarda moratorias,

nunha vida amordazada.

(Se fose silveira, (...)-dicía.)

É foi así como a amora

foi, ó fin amortallada.

(...)

Pobre amora.

amorosa e

amorriñada.

que xamais

amortizaría

tanto amor

amoreado,

por mor

dun amorodo

que pensaba.

que o amor

era amordicar

amoríos,

e amortuxalos,

...

e por mor

dunha moreira

que miraba.

amoratada e morna

para outro lado.

Moralexa: Non sexas amora.

nin amorodo.

Queridos pais

Quintela 4 de febreiro


Queridos pais:

Grazas a vos estou aquí.Grazas ao voso amor eu e mailo meu irmán nacemos. Vos querédenos, mimádenos, e cando estamos maliños coidades de nos, alimentádesnos e procurades todo o mellor para nós.

O que máis me gusta é que xoguedes con nós. O que máis triste me pon é que meu pai non pode estar sempre na casa xa que traballa no mar e bota uns meses fora da casa.

Botámolo moito de menos. O bo é que podemos falar a miúdo con el. Miña nai cóntanos moitas historias que lle pasaron no mar. Tamén miramos as súas fotos. Cando meu pai está na casa lévanos ao cole, fainos a comida (que está riquísima )e polas noites lenos un conto.

Vós sodes os mellores pais do mundo.

Nicole

Querido tío Pepe

Quintela 4 de febreiro


Querido Pepe:

Nos vas poder ler esta carta, pero sei que mes estás escoitando.

Cando era pequena, ti fixéchesme un berce para as miñas bonecas. Querías que tivese un recordo teu, agora eu regáloche esta carta porque sigo lembrándome de ti.

Lémbrome cando ía a túa casa que sempre estabas a ler un libro ou vendo a televisión. Cando ti viñas á miña a tomar café dábame moita ledicia verte. Tamén me lembro cando chegabas do mar cargado de peixes; repartías con toda a familia. Ti sempre preocupácheste de nós, eras meu tío pero chamábate “Abelo Pepe”.

Cando te fuches, eu era pequena pero non puiden dicirche o que sentía por ti, por iso hoxe dedícoche esta carta porque nunca te vou esquecer.

Sempre te vou levar no meu corazón; quero que saibas que te quero moito tío Pepe.

Con amor para unha persoa moi especial.



Leticia

Queridos irmás Sergio e Kevin

Quintela 4 de febreiro


Queridos irmáns Sergio e Kevin:

Escríbovos esta carta porque sodes moi bos amigos.

Sergio: gústame xogar contigo, porque é moi divertido. Aprendes moi rápido e xogas moi ben a moitas cousas. Apréciote moito porque as veces compartes todo o teu tempo para xogar ou para facerme o almorzo.



Kevin: contigo preparo filloas. Gústame porque as preparamos moi ben xuntos. Déixasme cascar os ovos, medimos a fariña e o azucre, pulsar o botón da batidora, botar a masa na tixola e darlles a volta. As veces tamén me prestas os teus videoxogos.

E os tres xuntos vemos as nosas series favoritas.Grazas polo voso cariño.

Diego.

Querida irmá Candela

Quintela 4 de febreiro


Querida irmá Candela:

Cando os nosos pais me dixeron que ías nacer xa empecei a quererte e a estrañarte. Todos os días imaxínome a túa cariña e os teus ollos. Teño moitas fanas de que estés aquí con nós. Xa si que vas ser moi pequena para xogar, pero vou axudar a mamá a bañarte, a preparar a túa comidiña e a vestirte. Pero seguro que cando sexas maior vas xogar comigo e intentarei ensinarche moitas cousas.

Moitos bicos

Xiana

Querida Sofía

Quintela 4 de febreiro


Querida Sofía:

Escríboche esta carta porque te quero moitísimo. Es preciosa, tes os ollos tan verde coma as follas das árbores, tes a pel marrón clariño coma a terra mollada, es delgada e alta, tes o pelo escuro, es optimista, boa cos que te tratan ben, es estudosa, moi amable, divertida e tolearante.

En resumo, quérote moitísimo. A ver cando podes xogar comigo. Tes tantos deberes! Espero que nunca máis discutamos porque se non acabamos mal todos

Un abrazo e un bico de Alvaro

Querida Liset

Querida Liset:


Escríboche esta carta porque eses moi boa. Sempre que falamos explícaste moi ben. Cada vez que imos xuntas para casa cantamos cancións moi divertidas e as cantamos moi forte e moi alto. Para min eres unha boa amiga e quería que nunca deixaramos de ser amigas.

De a túa amiga Antía.

Querido avó

Moaña 9 de Febreiro de 2011


Ola avó:

Escríboche esta carta porque estás no hospital e espero que te mellores.

Voute contar cousas boas que me pasaron pola mañá para que te animes:

Saquei un oito en galego, e a profesora felicitoume por ser tan traballador.

Paseino moi ben cos meus compañeiros e compañeiras porque son moi divertidos.

Ata logo avó, que te mellores

Rodrigo

P.D. Como sei que che gusta o mar, debúxote un barco:

2010/04/09

Contos de primavera III


Érase a señora primavera, que sempre estaba cuberta de flores.
De súpeto, apareceu un bruxo con unha poción máxica, e embruxouna.
Entón quedou cuberta de neve.
-Ja, ja, ja agora sempre será inverno! –dixo o bruxo.
E sempre foi inverno.


Conto escrito por Noa de terceiro

Contos de primavera II


Nun día de primavera, un bruxo estaba facendo unha poción máxica para matar á princesa do reino.

De súpeto, o bruxo escoitou un ruído e apareceron os gardas do rei.
-Que facedes aquí, que queredes de min? –dixo o mago.
-Vimos a apreixarte por orden do rei -dixo un dos gardas.
Os gardas apreixaron ao mago, e 20 anos despois liberáronno.
E colorín colorado, este conto rematou.


Conto escrito por Sara de terceiro

Contos de primavera I


Érase unha vez un mago ao que lle gustaba moito a primavera.
Pero era verán.
Entón fixo unha poción para que foxe primavera. Botoulle flores, herba, froita, cortiza e libros.
E foi primavera.
E colorín colorado, este conto está rematado.


Conto feito por Rodrigo de 3º

2010/03/06

Querida nai


Querida nai:
Escríboche para dicirche o moitísimo que te quero.
Aínda que algunhas veces berramos e discutimos, reconciliámonos sempre.
Cando eu estou triste ou preocupada por algo que sucedeu sempre podo contar contigo. O máis importante é que me dás cariño e amor.
Recoñezo que ás veces contesto mal ou me porto de maneira incorrecta. A pesares de todo iso, quérote moito. Moitas veces axúdasme e dásme consellos.
Apréciote moito porque fas moitas cousas por min. Por exemplo: cando estou aburrida e triste, aínda que non che apeteza, lévasme ao cine cunha amiga, mércasme un xeado, ..., e só para que eu sexa feliz.
Eres a nai mais marabillosa, boa, cariñosa, amable, paciente...En resumo: es a persoa que máis me comprende e a máis especial do universo!
Ademais dunha nai tamén es moi boa amiga. Sen ti non podería vivir. Outra razón pola que te quero é que tes o corazón tan grande que non che cabe no peito.
Sabes: se algún día chego a ser nai quero ser coma ti. Mamá, nunca deixarei de quererte.
Bicos dunha filla que te quere moito.

Carmen 6º curso.

Carta premiada no I concurso de cartas de amor de Quintela

Querido Lucho


Querido amigo Lucho:

Aínda que es un pouco triste e fasme moitas falcatruadas, ti es o mellor can que nunca tiven, porque contigo podo xogar, fasme compañía, nunca me mordes,...Por iso hoxe dedícoche esta carta.

Quero que cada día estes ao meu carón, e que cada día te portes mellor.
Aínda me lembro cando mamá espertoume dicíndome que ías chegar. Eras moi pequerrechiño, parecías unha abelliña. Non facías mais que chorar e cando che merquei a correa non querías andar ti só, e tíñate que levar nos brazos.
Agora xa case tes tres anos e es moi mexón e porcallán, pero encántame estar contigo.
Unha aperta moi grande.

Noel ( 6º curso)
Carta premiada no I concurso de cartas de amor de Quintela

Querida Pelusas


Querida gatiña Pelusas:

Bótote moito en falta agora que estás no veterinario. Boto de menos os teus agarimos e os teus arrumacos nos meus pés.
Pero aínda así, consólome dicíndome a min mesma que pronto te vas recuperar.
Mamá e a miña irmá están traballando nunha...manta, de esa tela quentiña que che gusta tanto, en cambio papá mais eu comprámosche oito paquetes de galletiñas de cores. Mamá di que non lle mordas ao veterinario, peor eu déixoche que lle fagas o que queiras.
Chao, eu voume, pero quero que che quede na cabeza moiiiitisiiimo!

Lucía ( 4º curso)

P.D. Mais de 1.000.000.000 de bicos!
Carta premiada no I concurso de cartas de amor de Quintela

2010/02/21

Conto de Entroido


Había unha vez uns nenos que fixeron un disfraz para o Entroido e decidiron disfrazarse de pallasos.

De súpeto, en mitade da festa apareceu un crocodilo e os nenos asustáronse.

Entón decidiron facerse amigos.

Ao final ensinaron ao crocodilo a facer malabares coa cola.

E colorín, colorado
Este conto está rematado.
(Conto escrito pola clase de segundo)
CEIP Quintela de Moaña (Galicia)
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas