2008/12/18

Carta a Papá Noel de 6º curso

Os nenos e nenas de 6º curso fixeron as súas cartas a Papá Noel .
Piden cousas para os demais, para que mellore a situación da xente, para os máis desfavorecidos, para o colexio, para as súas familias,...
Tedes todas as cartas no seu blogue, Curso de sexto en Quintela

Carta a Papá Noel de 5º curso

Os nenos e nenas de 5º escribiron a Papá Noel.Estes son dous exemplos:

Querido Papá Noel:

Xa chegou un ano máis o Nadal,para que todos estemos
xuntos e felices.
Este ano cando miro as noticias,vexo que hai moitos nenos
da miña idade que sufren moitas enfermidades.
O meu gran desexo para este Nadal e que reine a paz no mundo
e que haxa vacinas para curar a xente.
Espero que se faga realidade.Xa é hora de despedirme.

Un bico

Ana


Querido Papá Noel:

Hola! Son Brais. Teño dez anos e vivo nun pobo chamado Moaña.
Eu sempre vexo que hai conflictos polo mundo e moitos nenos sufren con estos problemas. O meu desexo é que nenos coma min poidan vivir en paz e teñan unha vida feliz.

Unha aperta

Brais

2008/12/12

Regueifas


Os nenos e nenas de 6º curso estiveron traballando as regueifas. Eles non querían, pero recibiron unha, dende o Segrel do Penedo, e claro, tiveron que contestar:


Juan:

Os do Segrel do Penedo

En rimas vennos falar

E nós con rimasÍmoslle contestar.


Mara:

Os do Segrel do Penedo

Din que somos uns artistas

E excelentes periodistas.

Eles a nós Cáennos moi ben

Pero non sabemos

Que é o que se lles da ben.


Adrián:

Eu son Adrián

E estou moi despistado

Non consigo rimar

Nin facer un pareado.


Rodrigo:

Eu fago uns pareados

Que vos deixo flipados.


Paula:

Eu son Paula

Do colexio de Quintela

O cole máis guai

De aquí a Inglaterra.


Eva:

Pola mañá ao chegar

E comezar a traballar


A última hora

Estamos tan cansados

Que marchamos para casa

Facendo pareados.


Sergio:

En sexto metémonos a periodistas

E somos moi bos facendo entrevistas.

Dis que temos un blog fenomenal

Tranquis, tíos, que cando remate o curso

Xa non o facemos máis


Emma:

Estou na clase de sexto

Pensando como rimar

E a profesora dime

¡empeza a traballar!


Laura:

Os alumnos de sexto de Quintela

Somos a tela.

Facemos unha chea de cousas

Sen darnos de conta.


Somos sete nenas

E seis nenos

En total somos trece

Pero facemos barullo

Como si foramos cento dezasete


O día a día na clase

É bastante bo

Pero hai días que facemos

Trasnadas a montón.


Daniel:

Eu son Daniel

E non se me ocorre nada

Por iso a profe dí

Que a miña imaxinación está agotada.


Lois:

En Quintela estudiamos

E algúns aprobamos

Xogamos ao basquet cos amigos

Sen meternos en líos

ao fútbol xogamos contra todos

e gañamos sempre nós, os bobos

En clase somos os mellores

pero non somos empollones

e díxome a miña amiga Xiana

que aínda facedes pis na cama.


Helena:

Temos moita experiencia

Non fai falta dicir nada

Somos os mellores

Facendo entrevistas de nada


Non queremos tantos halagos

Xa estamos agotados

Toda a xente dí o mesmo

Dos nosos traballos


Pero grazas de todas formas

Penso que poderemos soportar

Outro halago de nada:

O ignoramos, e xa está.


Isa:

Eu son a profesora

E téñovos que contar

Que todo o que eles din

E mentira ata o final


E mentira ata o final

Todo é un invento

Non fagades ningún caso

A esta pandilla de sexto.


Teñen pouca cabesiña

E non saben que inventar

Para botar unhas risas

E deixar de traballar.


Menos mal que está a profe

Para pórlles sentidiño

Senón estes non rematan

A primaria neste siglo.


A primaria neste siglo

Teñen que rematar

non os queremos no cole

nin un só día máis.


Nin un só día máis.

Que para eles aguantar

Hai que ter moita paciencia

E xa non vai quedando máis.


A cousa non quedou ahí, despois recibimos outra regueifa dende o Ceip Milladoiro de Malpica,..e esto continúa.

Aquí tedes o enlace ao blogue de sexto con toda a historia:


Entrevistas

Os alumnos e alumnas de 6º curso andan facendo de periodistas.Todas están no blogue de "Terceiro ciclo en Quintela"

Helena entrevistou a Wöyza, cantante de hip hop que lles gusta moito.Aquí tedes o enlace, premendo na foto de Helena e Wöyza:


Paula entrevistou a Xil Ríos, cantante de Moaña. Aquí tedes o enlace a entrevista de Paula:
Laura entrevistou a María Salgueiro, actriz.


Pero ainda non rematamos. Xa vos iremos contando ,...
CEIP Quintela de Moaña (Galicia)
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas