2008/05/10

O alcalde de Moaña falanos de libros

O 23 de Abril, Día do Libro, recibimos a visita do noso alcalde, Xosé Ramón Millán Otero.

E autor de varios estudios, e tamén ten publicados libros de poemas.

Por iso, os alumnos e alumnas de 6º curso ensinaronlle a nosa biblioteca escolar, e alí mesmo, nun ambiente agradable e relaxado, fixeronlle unha entrevista:

¿Que libros che gustaban cando eras neno?
Moby Dick , o Mago Merlín, cómics de Mortadelo e Filemón, novelas de vaqueiros e todo o que atopaba.
Na miña casa apenas había libros, pero lembro que miña nai mercoume a Enciclopedia Alvarez.

¿Recordas a túa escola?
Si, era a escola de dona Sergia.

¿Cal foi a primeira biblioteca que visitaches?
A biblioteca de Beluso, que é onde nacin.

¿Tes moitos libros na túa casa?
Si, uns tres mil libros.

¿Cando empezaches a escribir?
Cando tiña 10 anos.

¿Cáles son os teus escritores favoritos?
Rosalía de Castro é a escritora que máis me gusta.Tamén me gustan Alvaro Cunqueiro e Miguel Torga que é un escritor portugués.

¿E o teu poema favorito?
Negra sombra

¿Que che gusta máis, ser escritor ou ser alcalde?
Gustame máis ser profesor, profesor de galego, que é a miña profesión.

¿Gustaríache que fixeran cadros inspirados nos teus poemas?
Si, por suposto, encantaríame, xa me fixeron algún.

¿Que libro che gusta máis dos que escribiche?
“O tempo de sal”

¿En que te inspiras para escribir?
Nos obxectos da vida cotiá, na natureza, nas cousas que vexo pola rúa,..

¿Cando te elexiron alcalde, deixaches a poesía?
Deille un descanso,...

Preme dúas veces en enter para escoitar "Negra sombra" na versión de Carlos Núñez e Luz Casal:



2008/05/09

Obradoiro de poesía

Este poema feito polos nenos e nenas de 4º curso, está adicado as súas nais:

A terra é moi grande


moi grande é o mar


o mar é moi bonito


bonito o que me das

Obradoiro de poesía


Emma escribe caligramas a Mara e a Elsa.

Obradoiro de poesía

Caligramas de Helena de 5º curso

Obradoiro de poesía


Máis poemas feitos polos nenos e nenas de 4º curso:
No parque hai unha fonte
na fonte hai un paxaro
no paxaro hai moitas plumas
moitas plumas de cor dourada.

Pareados cos meses do ano

Os nenos e nenas de 2º curso fixeron pareados cos meses do ano, e os seus
nomes:


XANEIRO,XANEIRIÑO,XANEIRO,
TOCA BRAIS O PANDEIRO.

FEBREIRO , O DOS VINTEOITO,
IRIA COME UN BISCOITO.

MARZO, MARCIÑO, MARZAL,
LUCÍA ESCOITA CANTAR Ó PARDAL.

ABRIL O DAS AUGAS MIL,
TÁPASE YAIZA CO MANDÍL.

MAIO, DE FROITOS CARGADO,
ESTÁ CLAUDIO NAMORADO.

XUÑO, O MES DO VERÁN,
ANDREA BAIXA POLO TOBOGÁN.


XULLO, O MES DO PAXARIÑO,
E SERGIO CANTA BAIXIÑO.

EN AGOSTO, NAS NOITES DE LUAR,
ESCOITA LIMDBERG OS GRILOS CANTAR.

SETEMBRO DE UVAS CARGADIÑO,
CARLOS CÓMEAS A MODIÑO.

EN OUTUBRO O RATO PONSE A ROER,
E SARA LEVA O GRAN A MOER.

NOVEMBRO FUMEGA A CASIÑA,
E ANTÍA FAI PAN NA COCIÑA.

EN DECEMBRO DE NEVE CUBERTO,
OS NENOS E NENAS DE 2º VAN A UN CONCERTO.

2008/04/17

Obradoiro de poesía IV


Os nenos e nenas de 4º curso fixeron unha poesía colectiva:




Na area teño frío



o frío enfría a pel


a pel é rugosa na laranxa


a laranxa está rica coméndoa con mel


a mel é doce coma un pastel


un pastel feito de moras


de moras collín unha morea


unha morea comín na area.


Alumnos e alumnas de 4º curso

2008/04/14

Obradoiro de poesía III


O tigre pequeniño
chiscou un olliño.
O león fisgón
é u porcón.
A panteira
é unha falangueira.
O raposo piolloso
rabuñoulle un oso.
O can paspán
comeu un cacho de pan.
O lobo parvo de todo
comeu un San Xacobo.
Neniña, anda, para camiña
que te tes que erguer
pola mañanciña.

FERNANDO COLLAZO




O can Xabalán

é un pillabán.
O cabalo Ramón
gustalle o xamón.



A serpe xoguetona
gústalle a loma.
O carballo belo
cáelle o pelo.
O gato festeiro
é moi aventureiro.
O momo Manolo
está bastante tolo.
Anda meniña
vai para casa
que o tempo pasa...

DIEGO MARTINEZ

Obradoiro de poesía II


As margaridas amarelas
cantan e bailan a carón das velas.


As rosas do campo
móvense como un porco pampo.

As violetas pensativas
escoitan os ditos das nenas cativas.

As maceiras froiteiras
só saben ser unhas canteiras.

Os castiñeiros medreiros
sempre son bós cos piñeiros.

Anda, irmanciño, deixemos
as flores xaponesas miremos
as fermosas princesas que se
esconden no castelo de cores de fresa.

ANDREA RAMOS
As amapolas canteiras
son as máis fermosas
das matogueiras.


Os eucaliptos da beira
comen unha vieira.

O bidueiro festeiro
queres ser un bo canteiro.

O acivro navideño
non ten un amigo nogueiro.

O salgueiro chorón
sempre está tristón.

A xesta vermella
está un pouco enferma.

Anda, neniña,
déixaos en paz
Que imos xogar
no calor do luar.

ALMUDENA


Obradoiro de poesía I



Imos ir publicando os poemas que fixeron na clase de 6º :

A vaca, leiteira
salta na fogueira.

Os cabalos, iguais
gústanlle ás sociais
.

O lobazo, xoguetón
gústalle o viño de Aragón
.

O raposo, ladrón
gústalle a carne do salmón.

O porco, narigudo
gústalle a femia do teixugo
.

O gusán alacrán
sempre me quita o pan.

O pato, saltarín
vai dun salto ao chimpín.

Anda neniña imos saltar .
Para logo ir cear.


DANIEL PAREDES

O cabalo falangueiro
foi ó monte carrasqueiro.
A ovella mariñeira
come pan de manteiga.

O oso xoguetón
non lle gusta o limón.
O león festeiro
vai polo carreiro
O leitón teixudo
quedou onte mudo
.
O mono mentireiro
é moi larpeiro.
Anda, neniña,
déixaos xogar
e imos bailar
coas estrelas do lúar
.




RAÚL CANCELAS




2007/12/12

Entrevista a Xosé Manuel Budiño


Moito nos gusta a música en Moaña.Tanto que temos unha chea de artistas e tamén moitos moañeses e moañesas con aficións musicais.Este curso imos investigar ata onde chega esta riqueza, e comenzamos coa entrevista a Xosé Manuel Budiño, uns dos nosos gaiteiros máis internacional, que ven de editar novo traballo musical : o disco HOME que seguro acadará un gran éxito.
Laura Rocha, de 6º curso fíxolle esta entrevista:
L- ¿A que anos empezaches a tocar a gaita?
B- Aos sete anos.
L-¿Tocas outros instrumentos?
B-Sí, a guitarra, os teclados, a percusión,..
L-¿Cántos discos tes grabados?
B-Ata o de agora, catro discos.
L-¿Cómo se chama o teu último disco?
B-Home
L-¿Canto tempo tardaches en preparalo?
B-Un ano e medio.
L-¿Colaboran outros artistas galegos contigo?
B-Sí, Paco Charlín, Mercedes Peón, Xoel López e outros.
L-¿Pasas moito tempo tocando a gaita?
B-Unhas seis horas diarias.
L-¿Algún familiar teu toca algún instrumento?
B-Sí, os meus curmáns tocan tamén a gaita.
L-¿Onde será o teu próximo concerto?
B-En Glasgow e en Irlanda.
L-¿Que sintes cando tocas a gaita?
B-A transmisión da cultura de xeneración en xeneración.
L-¿Cres que está ben considerada a música folk en Galicia?
B-Sí, xa que é moi aceptada pola xente, porque é algo moi noso.
L-Moitas grazas polas túas respostas e moitos éxitos.

2007/11/12

Outono

Contos como castañas dos nenos e nenas de 2º curso.








2007/06/14

O MISTERIO DO TESOURO DA ILLA DE ONS


Había unha vez un grupo de rapaces que estudaban para ser monitores de parques protexidos.Tiñan que facer un traballo sobre as plantas e os animais dunha illa. Un deles propuxo ir a Ons. Pareceulles moi boa idea e ó día seguinte, cargados coas súas mochilas, embarcaron no peirao de Bueu ás 10 da mañá.
Aínda que era o mes de febreiro, o día estaba despexado e a viaxe foi moi agrabable.ían case sós xa que non era época de turistas.

Chegaron á illa e dirixíronse á caseta de información para recoller as guías e informarense das distintas rutas. Manuel, Sabela, Gaspar e Ana,que así se chamaban os nosos protagonistas, escolleron a ruta sur.

Atravesaron as casas do poboado e seguiron cara ós cantís, onde fotografaron e observaron cos prismáticos moitos animais mariños (corvo cristado, gaivota patiamarela) e plantas coma a herba de namorar e outras que a xente usaba para curar enfermidades. Chegaron ó mirador de Fedorentos, dende alí divisaron a illa de Onza e entre a brétema as illas Cíes.
Chegou a hora de comer e decidiron quedar na praia ata a tarde. Pasárono moi ben e cando ían sendo as seis foron cara ó peirao para coller o barco. Pero.... cando chegaron atopáronse cunha sorpresa…
¡ O BARCO NON ESTABA¡

Gaspar, moi asustado observou que as agullas do seu reloxio non se movían ¡estaba parado¡ Por iso perderan o barco.
Moi preocupados e nervosos, o, viron como se ía facendo de noite e quedaba todo na escuridade, xa que nesa época do ano, na illa non vivía ninguén. De súpeto unha luz amarela moi forte iluminou a praia, ergueron a vista e viron que era a luz do faro da illa. Suspiraron aliviados e subiron polo camiño arriba en busca do fareiro. Este recibiunos moi ledo xa que case sempre estaba só e non tiña compaña.

Invitounos a cear e mentras comían contoulles moitas lendas e historias,tamén lles falou do seu avó que ademais de fareiro fora mestre,

Para dormir ofreceulles uns colchóns que estaban gardados nun cuarto cheo de trastos. Cando foron buscalos, Ana atopou tirado no chan un libro moi vello e pediullo o fareiro para ler pola noite.

Todos dormían, menos Ana que se puxo a ler. Ó pasar unha páxina algo caeu no chan, Era un cacho de papel amarelo rachado polos bordes, cun debuxo que parecía un mapa da illa e unhas letras en inglés. Moi nervosa chamou polos outros
Manuel,que sabía algo de inglés dixo:

-Aquí di
“Busca no Burato do Inferno”.
-Pero ese lugar está na illa ¡-dixeron todos
-Pois se non conta mais nada estamos apañados-dixo Sabela.

Decidiron esperar ó día seguinte para contarllo todo a Pepe,o fareiro.Pasaron a noite soñando con piratas,barcos e tesouros.

Pola mañá Pepe levounos á casa de Cesáreo,que era o mellor mariñeiro de toda a illa. Tomou todo a broma pero estivo de acordo en levalos ó lugar que marcaba o mapa.

Montaron na súa dorna e alá foron en busca de aventuras. Agardaron a que baixara a marea e saltaron á praia. No Burato do Inferno había moitas furnas,todas moi longas e parecían non ter fin.

O fareiro descubriu nunha delas unha pequena figura con forma de calivera. Esa pareceulles unha boa pista a seguir. Entraron e camiñaron sempre dando voltas ata que ó final dun corredor apareceu un resplandor, coma unha luz moi lene….

¡Vaia sorpresa que levaron¡.Alí nunha gran cavidade, tumbados no chan, había varios esqueletes.

-Deberon sentirse mal e buscaron refuxio na cova, pero ¿onde está o tesouro?.
Rexistraron todo e na man dun deles atoparon o que buscaban
:¡O MAPA DO TESOURO¡

O demais foi doado. Nunha casa abandoada, perto do cemiterio, soterrados na adega, atoparon os baúles cheos de moedas, alfaias, ouro, prata, etc.

Os nosos protagonistas fixéronse moi famosos e co tesouro convertiron á illa nun parque natural moi importante.

¡Ah¡ e Gaspar mercou un novo reloxio para non perder nunca máis o barco¡




Conto colectivo escrito polos nenos e nenas de 5º curso

2007/06/08

Pon un pouco de música mentras les os contos de medo


Pulsa en play

A CHEMINEA


Había unha vez unha familia que colocara na casa unha cheminea nova. Encendérona, e de súpeto a nena e a familia, percatáronse de que se convertiran en dúas persoas. ¡Unha non tiña cabeza! e a outra a estaba comendo. Entón dixo:
-“Quero caramelos”
A nena deulle dous caramelos, os mollou no sangue da persoa que non tiña cabeza e os comeu.
Despois volveu a ser cheminea. Ao seguinte día desaparecera do salón. Polo medo que collera a nena marchou para o seu cuarto...
alí estaba a cheminea!
Encendeuna, e novamente a cheminea convertiuse nunha persoa.
A nena preguntoulle:
-“¿Como te chamas?”
E ela respondeulle:
-“Matapersoas, pero o meu verdadeiro nome é Noelia”
Xa era de noite. A nena durmiu cos seus pais para que Matapersoas (era así como a chamaban), non lle fixera nada. Ao seguinte día os seus pais desapareceran, e a cheminea tampouco estaba.
A nena viu na mesilla unha nota que poñía:
Fomos a devolver a cheminea que tanto medo che daba.


Soño de Jessica Lemos Vázquez (3º curso)
CEIP Quintela de Moaña (Galicia)
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas