2007/06/14

O MISTERIO DO TESOURO DA ILLA DE ONS


Había unha vez un grupo de rapaces que estudaban para ser monitores de parques protexidos.Tiñan que facer un traballo sobre as plantas e os animais dunha illa. Un deles propuxo ir a Ons. Pareceulles moi boa idea e ó día seguinte, cargados coas súas mochilas, embarcaron no peirao de Bueu ás 10 da mañá.
Aínda que era o mes de febreiro, o día estaba despexado e a viaxe foi moi agrabable.ían case sós xa que non era época de turistas.

Chegaron á illa e dirixíronse á caseta de información para recoller as guías e informarense das distintas rutas. Manuel, Sabela, Gaspar e Ana,que así se chamaban os nosos protagonistas, escolleron a ruta sur.

Atravesaron as casas do poboado e seguiron cara ós cantís, onde fotografaron e observaron cos prismáticos moitos animais mariños (corvo cristado, gaivota patiamarela) e plantas coma a herba de namorar e outras que a xente usaba para curar enfermidades. Chegaron ó mirador de Fedorentos, dende alí divisaron a illa de Onza e entre a brétema as illas Cíes.
Chegou a hora de comer e decidiron quedar na praia ata a tarde. Pasárono moi ben e cando ían sendo as seis foron cara ó peirao para coller o barco. Pero.... cando chegaron atopáronse cunha sorpresa…
¡ O BARCO NON ESTABA¡

Gaspar, moi asustado observou que as agullas do seu reloxio non se movían ¡estaba parado¡ Por iso perderan o barco.
Moi preocupados e nervosos, o, viron como se ía facendo de noite e quedaba todo na escuridade, xa que nesa época do ano, na illa non vivía ninguén. De súpeto unha luz amarela moi forte iluminou a praia, ergueron a vista e viron que era a luz do faro da illa. Suspiraron aliviados e subiron polo camiño arriba en busca do fareiro. Este recibiunos moi ledo xa que case sempre estaba só e non tiña compaña.

Invitounos a cear e mentras comían contoulles moitas lendas e historias,tamén lles falou do seu avó que ademais de fareiro fora mestre,

Para dormir ofreceulles uns colchóns que estaban gardados nun cuarto cheo de trastos. Cando foron buscalos, Ana atopou tirado no chan un libro moi vello e pediullo o fareiro para ler pola noite.

Todos dormían, menos Ana que se puxo a ler. Ó pasar unha páxina algo caeu no chan, Era un cacho de papel amarelo rachado polos bordes, cun debuxo que parecía un mapa da illa e unhas letras en inglés. Moi nervosa chamou polos outros
Manuel,que sabía algo de inglés dixo:

-Aquí di
“Busca no Burato do Inferno”.
-Pero ese lugar está na illa ¡-dixeron todos
-Pois se non conta mais nada estamos apañados-dixo Sabela.

Decidiron esperar ó día seguinte para contarllo todo a Pepe,o fareiro.Pasaron a noite soñando con piratas,barcos e tesouros.

Pola mañá Pepe levounos á casa de Cesáreo,que era o mellor mariñeiro de toda a illa. Tomou todo a broma pero estivo de acordo en levalos ó lugar que marcaba o mapa.

Montaron na súa dorna e alá foron en busca de aventuras. Agardaron a que baixara a marea e saltaron á praia. No Burato do Inferno había moitas furnas,todas moi longas e parecían non ter fin.

O fareiro descubriu nunha delas unha pequena figura con forma de calivera. Esa pareceulles unha boa pista a seguir. Entraron e camiñaron sempre dando voltas ata que ó final dun corredor apareceu un resplandor, coma unha luz moi lene….

¡Vaia sorpresa que levaron¡.Alí nunha gran cavidade, tumbados no chan, había varios esqueletes.

-Deberon sentirse mal e buscaron refuxio na cova, pero ¿onde está o tesouro?.
Rexistraron todo e na man dun deles atoparon o que buscaban
:¡O MAPA DO TESOURO¡

O demais foi doado. Nunha casa abandoada, perto do cemiterio, soterrados na adega, atoparon os baúles cheos de moedas, alfaias, ouro, prata, etc.

Os nosos protagonistas fixéronse moi famosos e co tesouro convertiron á illa nun parque natural moi importante.

¡Ah¡ e Gaspar mercou un novo reloxio para non perder nunca máis o barco¡




Conto colectivo escrito polos nenos e nenas de 5º curso

2007/06/08

Pon un pouco de música mentras les os contos de medo


Pulsa en play

A CHEMINEA


Había unha vez unha familia que colocara na casa unha cheminea nova. Encendérona, e de súpeto a nena e a familia, percatáronse de que se convertiran en dúas persoas. ¡Unha non tiña cabeza! e a outra a estaba comendo. Entón dixo:
-“Quero caramelos”
A nena deulle dous caramelos, os mollou no sangue da persoa que non tiña cabeza e os comeu.
Despois volveu a ser cheminea. Ao seguinte día desaparecera do salón. Polo medo que collera a nena marchou para o seu cuarto...
alí estaba a cheminea!
Encendeuna, e novamente a cheminea convertiuse nunha persoa.
A nena preguntoulle:
-“¿Como te chamas?”
E ela respondeulle:
-“Matapersoas, pero o meu verdadeiro nome é Noelia”
Xa era de noite. A nena durmiu cos seus pais para que Matapersoas (era así como a chamaban), non lle fixera nada. Ao seguinte día os seus pais desapareceran, e a cheminea tampouco estaba.
A nena viu na mesilla unha nota que poñía:
Fomos a devolver a cheminea que tanto medo che daba.


Soño de Jessica Lemos Vázquez (3º curso)

2007/05/23

Era unha noite escura...

Era unha noite escura, chuviosa e tronaba moito.Estaba a punto de meterme na cama cando…¡Quedou todo escuro!Saín correndo para avisar a miña nai. Despois collemos una lanterna e fomos a cociña.Puxemos unha vela na cociña, outra no corredor e unha na habitación.¡Pero de golpe a vela empezou a palpabrexar ata que se apagou!. Miña nai axiña encendeu a lanterna e de novo prendemos a vela.
Logo fun ver se a vela da cociña xa se apagara.Cando chegue a cociña a chama movíase moita ata que se apagou. Cando ía polo corredor encontrei a vela apagada. Fun a miña habitación, metinme debaixo das mantas con moito medo ata que ao cabo dunhas horas volveu a luz.
Eu quedei máis tranquila e boteime a durmir.
Elsa 4º curso

2007/05/16

A ALMA EN PENA

Nunha casa na montaña, vivían un rapaz, Pol e unha rapaza, Pil.
Como necesitaban leña, Pol colleu a machada mentres Pil foi a unha casa onde dicían que vivía unha alma en pena.Pil quería axudala a cumprir o seu desexo.
Cando chegou e atopou a alma en pena, esta empurrouna e díxolle:
-¡Lisca, vaite, deixame descansar!
Entón preguntou Pil:
-¿Pero non queres que che axude?
Despois de moito discutir coa alma, Pil marchou para a súa casa.
Máis tarde Pol chegou á casa e ao abrir a porta, ¡aaaaaahhhh! encontrou a Pil morta contra a parede.Había un rastro de sangue, Pol seguiuno ata chegar a unha casa e foi ao soto e alí viu a alma en pena. Esta dixo:
-¡Outro que quere axudarme!
-Pois sí, quero axudarte, -contesta Pol.
A alma rendida díxolle o que tiña que facer, e Pol cumpliuno.Ao chegara a casa Pil estaba viva sen saber o que sucedera.
Mara 4º curso



2007/05/11

No conto da biblioteca...



No conto da biblioteca
hai enaniños e unha princesa
hai bolboretas e unha caseta
No libro da biblioteca
hai ilusión e imaxinación
hai unha porta que abre o meu corazón.

Eva 5º curso de Primaria

No porto está o barco
no barco a adega
na adega as botas
nas botas un calcetín
no calcetín o rato.

Martín 5º curso de Primaria
A CAIXA CADRADA
Érase unha vez unha familia que vivía nunha casa moi bonita. E tamén había un neno. Un día o neno foi a praia. Cando chegou o neno á praia bañouse e despois quiso ler un libro. Pouco a pouco o neno foise durmindo.
Cando se durmiu, soñou que estaba no fondo do mar e dende lonxe vía a unha serea que tiña o nariz grande. A serea doulle ó neno unha caixa cadrada, dicíndolle que nunca a abrira.
Cando espertou, eran as sete da tarde e foi á súa casa. Cando chegou viu a súa casa chea de maleza e pola súa ventá vía a unha
pantasma, moitos morcegos, serpes noxentas e arañas.
Cando viu a unha señora preguntoulle:
- ¿ Onde está a miña familia?
A señora respondeulle: - ¿ti estás louco? se a túa familia xa están mortos hai máis de cen anos.
Pero o neno quedouse asombrado, entón botou a correr e notou que se lle movía unha caixiña. Puso a man no seu bolsillo, colleu a caixa e abriuna. A caixa botoulle un fume e o neno morreu.
ANA 3º de Primaria

2007/05/07

LÚA CHEA


Era unha noite longa de verán, e o pobo de Santa Lucía estaba no cine da praza maior vendo unha película de Drácula. Todos tiñan moito medo, porque era unha noite de lúa chea...
Unha parella de mozos non foran ver a película, estaban paseando cerca do cimiterio e non se decataron da lúa chea que estaba brilando máis ca nunca, cando de súpeto, empezaron a sair do cemiterio os mortos das tumbas...
Manolo e Benita, que así se chamaban os mozos, o dar a volta e ver aqueles mortos, sen brazos, sen cabeza, sen ollos...
Botáronse a gritar e fuxiron coma alma que leva o diaño. Os mozos chegaron a praza gritando: ¡¡¡ Os mortos están vivos e veñen para acá!!! Todo o mundo se botou a rir e non lles fixeron caso...
Para describir o que aconteceu despois...non teño folgos nin ánimos dabondo....

Martín 3º de Primaria

2007/05/02

MAIS POESÍA



Bailando, cantando
as flores no campo.
Bailando, cantando
as nubes recorren o ceo.
Bailando, cantando
as ondas moven o barco.
Bailando, cantando
as follas caídas co vento.

Colectivo de 5º curso de Primaria


Pin, pin, mercou un calabacín,
pin, pin, roxo e colorín.
Pin, pin, debuxa un gatiño,
pin, pin, con bigote e rabiño.
Pin, pin, María vai en tranvía,
pin, pin, comendo unha sandía.

Colectivo de 2º curso de Primaria




.

2007/04/30

¿Miraches algunha vez un gato negro aos ollos?


¿Miraches algunha vez un gato negro ós ollos? Pois prepárate porque o meu avó mirouno e... 7,14, e ata 21 anos de mala sorte tivo.


Bueno, vou ir ó gran.

As gaivotas lle empezaron a picotear por todo o corpo e quedou en coma. Despois cando foi a Madrid, el estaba no tren e este descarrilou, menos mal que a xente se salvou e tiñan feridas leves.

Pasados dous anos, o seu can tirouno polas escaleiras e tivo que ir a urxencias porque sangraba moito. E despois de tres anos cando foi a León, caeuse por un barranco de 356 metros, pero de milagre non morreu e puxéronlle escaiola por todo o corpo.

Despois duns meses lle quitaron a escaiola e deume moito medo por se lle cortaban o corpo.

E bueno, como se fartou da súa mala sorte, decidiu pintar o gato de rosa. Agora “ve a vida de cor de rosa”

XABIER 3ºcurso de Primaria

2007/04/29

RIMAS DE XIRAFAS


PARA MARÍA
UNS PENDIENTES DE SANDÍA PARA MANUEL
UN BARQUIÑO DE PAPEL

PARA JONATHAN
UN BOLIÑO DE PAN

PARA MARTÍN
UN PEQUENO PATÍN

PARA ALBA CON CARIÑO
UN TREN PEQUECHIÑO

PARA A PROFE ISA
UN CONTO DE RISA

PARA LETICIA
UNHA SUAVE CARICIA

PARA ALBIÑA
UNHA TORADA DE PIÑA

PARA ISMAELIÑO
UN BONITO CANCIÑO

PARA YOEL
UNHA COROA DE PAPEL

PARA MARIO
UN OSIÑO NUN ARMARIO

PARA DIEGO
UN BO CONTO DE MEDO

PARA NICOLE CON AMORES
UN RAMIÑO DE FLORES

E PARA ÁLVARO Ò FINAL
TODO ESTO E MOITO MÀIS

PARA "AS XIRAFAS"
UN CONTO CON GAFAS


Rimas feitas polos nenos e nenas de 2º curso de Infantil




2007/04/24

Un conto de medo


A CASA PROHIBIDA

Erase unha vez dous irmáns: Yon e Sara, que vivían a carón duna casa abandonada, Un día había moi mal tempo, chovía e tronaba.

Sara estaba vendo como chovía e de súpeto veu unha cara na ventá da casa prohibida. Foi correndo a chamar ó seu irmán, pero Yon non mirou nada e díxille que tiña moita imaxinación.

Sara, que era moi destemida, marchou soa a investigar.

Yon seguiuna e entraron os dous. Todo estaba moi escuro e sentiron pasos nas escaleiras.

Asustados, intentaron marchar, pero a porta non abría. Yon tiña unha vela e un chisqueiro no peto e alumeou as escaleiras. Cando comenzaron a subir viron unhas goteiras, un esquelete e unha corda. Usaron a corda para baixar por unha ventá, e saíron.

Ao final descubriron o que pasara: a cara que vira Sara era a do esquelete, os pasos eran as goteiras, e a porta estaba atrancada por mor dunha cadeira que movera o vento.


Diego Martínez 5º curso
CEIP Quintela de Moaña (Galicia)
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas