2010/04/09

Contos de primavera I


Érase unha vez un mago ao que lle gustaba moito a primavera.
Pero era verán.
Entón fixo unha poción para que foxe primavera. Botoulle flores, herba, froita, cortiza e libros.
E foi primavera.
E colorín colorado, este conto está rematado.


Conto feito por Rodrigo de 3º

2010/03/06

Querida nai


Querida nai:
Escríboche para dicirche o moitísimo que te quero.
Aínda que algunhas veces berramos e discutimos, reconciliámonos sempre.
Cando eu estou triste ou preocupada por algo que sucedeu sempre podo contar contigo. O máis importante é que me dás cariño e amor.
Recoñezo que ás veces contesto mal ou me porto de maneira incorrecta. A pesares de todo iso, quérote moito. Moitas veces axúdasme e dásme consellos.
Apréciote moito porque fas moitas cousas por min. Por exemplo: cando estou aburrida e triste, aínda que non che apeteza, lévasme ao cine cunha amiga, mércasme un xeado, ..., e só para que eu sexa feliz.
Eres a nai mais marabillosa, boa, cariñosa, amable, paciente...En resumo: es a persoa que máis me comprende e a máis especial do universo!
Ademais dunha nai tamén es moi boa amiga. Sen ti non podería vivir. Outra razón pola que te quero é que tes o corazón tan grande que non che cabe no peito.
Sabes: se algún día chego a ser nai quero ser coma ti. Mamá, nunca deixarei de quererte.
Bicos dunha filla que te quere moito.

Carmen 6º curso.

Carta premiada no I concurso de cartas de amor de Quintela

Querido Lucho


Querido amigo Lucho:

Aínda que es un pouco triste e fasme moitas falcatruadas, ti es o mellor can que nunca tiven, porque contigo podo xogar, fasme compañía, nunca me mordes,...Por iso hoxe dedícoche esta carta.

Quero que cada día estes ao meu carón, e que cada día te portes mellor.
Aínda me lembro cando mamá espertoume dicíndome que ías chegar. Eras moi pequerrechiño, parecías unha abelliña. Non facías mais que chorar e cando che merquei a correa non querías andar ti só, e tíñate que levar nos brazos.
Agora xa case tes tres anos e es moi mexón e porcallán, pero encántame estar contigo.
Unha aperta moi grande.

Noel ( 6º curso)
Carta premiada no I concurso de cartas de amor de Quintela

Querida Pelusas


Querida gatiña Pelusas:

Bótote moito en falta agora que estás no veterinario. Boto de menos os teus agarimos e os teus arrumacos nos meus pés.
Pero aínda así, consólome dicíndome a min mesma que pronto te vas recuperar.
Mamá e a miña irmá están traballando nunha...manta, de esa tela quentiña que che gusta tanto, en cambio papá mais eu comprámosche oito paquetes de galletiñas de cores. Mamá di que non lle mordas ao veterinario, peor eu déixoche que lle fagas o que queiras.
Chao, eu voume, pero quero que che quede na cabeza moiiiitisiiimo!

Lucía ( 4º curso)

P.D. Mais de 1.000.000.000 de bicos!
Carta premiada no I concurso de cartas de amor de Quintela

2010/02/21

Conto de Entroido


Había unha vez uns nenos que fixeron un disfraz para o Entroido e decidiron disfrazarse de pallasos.

De súpeto, en mitade da festa apareceu un crocodilo e os nenos asustáronse.

Entón decidiron facerse amigos.

Ao final ensinaron ao crocodilo a facer malabares coa cola.

E colorín, colorado
Este conto está rematado.
(Conto escrito pola clase de segundo)

2009/12/05

Poema de outono

Este poema de outono é un traballo da clase de segundo:
Verde...
a folla da primavera verde,
a come o verme.
Vermella...
a folla vermella,
fai a súa cama a ovella.
Amarela...
a folla amarela,
a nena xoga con ela.
Marrón...
a folla de outono marrón
é da cor do turrón.
Chove moito, chove moito.
Choven follas, choven castañas,
choven cabazas, paraugas.
Chove moito, chove moito.
Choven gatos, choven cans,
choven árbores e bastóns de gominola.
Chove moito, chove moito.
Choven churros con chocolate quente,
choven pelotas,
choven orellas de galleta e ollos que te miran.
Chove moito, chove moito.
Choven asubíos
e choven historias e contos viaxeiros,
choven nenos e nenas.
Chove moito, chove moito.

2009/06/20

Chámome Ana

Queridos compañeiros e compañeiras:

Chámome Ana e teño dez anos. Eu vivía nun país diferente que se chama Etiopía, pero hai catro anos que vivo en España.
Cando cheguei aquí, isto pareceume un mundo máxico pola cantidade de cousas diferentes que había.
Pero o máis máxico foi coñecer novos amigos e sentirme felíz.
Eu, en Moaña aprendín a ler e escribir.Agora estou en quinto, pero o tempo pasou demasiado rápido.
Vivo nunha casa moi fermosa a carón do mar, e teño uns pais boísimos.
O que desexo é ter un futuro sen problemas, e que haxa paz no mundo.
Antes de rematar quero dicirvos que estar aquí con vós é coma un gran soño, que se fixo realidade.
A vosa amiga e compañeira.

Ana

2009/06/19

Querido monstro dos calcetíns

Somos os nenos e nenas da clase dos elefantes, e escribímosche despois de ler o libro de Marcos e o medo.
Temos moitas preguntas para ti, porque es un pouco raro.
Por que vives nun armario?
Por que comes calcetíns?
Nós vivimos no planeta Terra, nunha casa, e comemos comida do supermercado.

Tes outros amigos que sexan coma tí?
Cóm se chaman?
Esperamos que veñas visitarnos nos nosos soños, temos para tí moitos calcetíns.
Moitos bicos.
Os elefantes

Nenos e nenas de 5º de Infantil

2009/06/18

Ola Paco

Ola Paco:
Somos as tartarugas de Quintela.
Querémoste moito porque nos traes contos e es o noso amigo.
Queremos pedirche contos do Rato Paco, contos de crocodrilos, de cans, de piratas, lobos, bombeiros, bailarinas, contos de medo e de pitiños.
Paco, perdón por romper os contos, e grazas por arranxalos.

Adiós Paco
Moitos cariños

Aula das tartarugas
Nenos e nenas de 4º de Infantil

2009/06/13

Querido Rei da noite

Querido rei da noite:

Son Alvaro, de 1º, Quéroche contar que a min tamén me pasa o mesmo ca ti.
Que o meu pai me ten que contar un conto pola noite.
Teméan me gustan moito os teus contos, e axúdanme a durmir

Alvaro de 1º

Querido rei da noite:
Son Ainhoa de 1º.
Quéroche contar que eu teño medo á escuridade, cando miro algo de medo. Pero a tí non che teño medo.
Tamén me gusta ler libros pola noite.

Ainhoa de 1º

2009/05/18

Cartas a Sherlock Holmes II


Estimado señor Sherlock Holmes:

Son Emma, unha cidadán normal e corriente de Moaña (Galicia).
Escríbolle esta carta para comunicarlle un tráxico suceso:
O outro día pola noite, oín berrar a unha muller. Como tiña demasiado medo para saír á rúa a ver o que pasaba, decidín esperar á mañá seguinte.
Pola mañá, a rúa estaba toda ensangrentada. Enseguida chamei a policía, pero ainda non descubriron nada. Por eso pídolle axuda para que investigue quen é o asesino.
Moitas grazas.

Emma.

Carta a Sherlock Holmes

Estimado señor Holmes:
Son Daniel, un neno de doce anos que vive en Moaña.
O outro día saín facer a compra. E cando volvín a casa, observei que a miña tartaruga non estaba. Busquei moito por todas partes e non a atopei.
Deime conta que a tapa do inodoro estaba aberta, e como a tartaruga é de mar, pois puido meterse tranquilamente. Pode que non ande moi lonxe. Agradecería moitísimo a súa axuda.
Atentamente :
Daniel.

SOLUCIÓN DO MISTERIO.

Estimado Daniel:
Este é, sen dúbida, o caso máis difícil que me plantexaron na miña carreira. Pero algo poderá facerse.
Pola altura do inodoro. Supoño que non se meteu nel.
Imaxinando que se meteu:
Dado que xa leva máis dun día viaxando, debe estar un pouco lonxe, pero como as tubarias son estreitas nalgúns tramos, igual quedou atascada.
Imaxinando que non se meteu:
Da casa non puido saír. Quizás se camufle nalgúns xoguetes. Ou tamén cabe a posibilidade de que algunha outra mascota súa ou algún animal que entrara pola ventá a comera.
Espero haberlle servido.

Sherlock Holmes.

2009/05/14

Querido Rei Neptuno

Querido Rei Neptuno:

Ti es o rei dos mares, pero en que mar vives?
Ou en realidade es unha lenda?
Claro que iso se saberá se me contestas a esta carta.
E as túas fillas? Son as sereas?
Despídome.

Un admirador teu.

Sergio 3º

2009/04/30

Excmo Sr Alcalde de Moaña

Quintela 30 de Abril de 2009

Somos un grupo de nenos e nenas de 5º curso de Quintela.

Dirixímonos a vostede paradarlle as grazas por algunhas cousas ben feitas no noso Concello, que nos afectan directamente aos nenos e ás nenas, e tamén para darlle a coñecer algunhas queixas que esperamos se podan solucionar.

O noso compañeiro Noel está agradecido porque as beirarrúas na zona onde vive (Daniel Castelao) foron arranxadas este ano. Xabier tamén lle da as grazas por cambiar unha portería que estaba en mal estado no parque da Ameixoada.

A maioría dos nenos e nenas deste colexio imos ao parque de Moaña e algunhas randeeiras precisan ser cambiadas, ó igual que algunha rede nas pistas de fútbol, xa que moitos balóns caen ó mar ou á estrada.

Xabier tamén quere pedirlle colectores para reciclar vidrio e plástico na zona do Camiño de Agrelo, os que hai na Ameixoada quédanlle moi lonxe.


Agardando qeu sexan atendidas as nosas peticións, dámoslle as grazas anticipadas.

Atentamente.
Nenos e nenas de 5º curso de Quintela


Queres coñecer a resposta do alcalde?. Clica aquí

2009/04/22

Rimas


Polas rúas de Moaña
vai o rei de España.



Polas rúas de Vigo
Vai o un vello con abrigo.



Polas rúas de Cangas
Vai unha camisa sen mangas.



Polas rúas de Ferrol
Eu collín un ollomol.



Polas rúas de Baiona
Vai un pintando a mona.



Polas rúas de Silleda
Vai unha vella moi leda.



Polas rúas de Listanco
Hai un can nun banco.



Polas rúas de Tirán
Vai un home cun can.



Polas rúas de Manzaneda
Vai o cole de Quintela.

CEIP Quintela de Moaña (Galicia)
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas