2011/03/02

A amora e o amorodo

Unha amora,

amorosa e morriñada,

e un amorodo morno.

alá pola Candelaria

tiveron un amorío.

(…)

O amorote amordicaba

á amora,namentres

ésta se namoraba,

e tanto amor amorataba

as súa pequenas bagas.

carnosas e azucradas.

(…)

“Deixa xa de amoratarme -

dicía morna a amora.

amorosa e amorriñada

- que xa estou amortecendo,

que xa estou amortuxada”,

Máis, o amorodo.

tan morno e tan “namorado”.

como amoral e amorfo.

dáballe outra amordicada

e a amora non miraba...

xa que naquela moreira.

(na moral na que moraba)

tódalas mora xacían moi

amormada e mornas,

sen agarda moratorias,

nunha vida amordazada.

(Se fose silveira, (...)-dicía.)

É foi así como a amora

foi, ó fin amortallada.

(...)

Pobre amora.

amorosa e

amorriñada.

que xamais

amortizaría

tanto amor

amoreado,

por mor

dun amorodo

que pensaba.

que o amor

era amordicar

amoríos,

e amortuxalos,

...

e por mor

dunha moreira

que miraba.

amoratada e morna

para outro lado.

Moralexa: Non sexas amora.

nin amorodo.

1 comentario:

  1. Deixovos aquí o comentario porque lin tódalas cartas e estou emocionada, e non sabía onde poñelo.
    Parabens para tódolos destinatarios das mesmas, as persoas para que foron escritas porque é unha hona ser quen recibe tanto amor como se respira nesas palabras.
    Non esquezades as palabras para falar de amor porque algunha xente, cando se fai maior, pérdeas.

    ResponderEliminar

CEIP Quintela de Moaña (Galicia)
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas